top of page
Logo_Charanga_Santa_Compaña_X_Aniversario-removebg.png
Logo_Charanga_Santa_Compaña_X_Aniversario-removebg.png

DESFRUTA CA SANTA COMPAÑA

Inicio: Bienvenido

Qué podemos facer?

74992_8f1811f1bde042da2309669e1483fcc6-18_2_2023, 22_24_14.jpg

Contamos con instrumentación acústica en pequeno formato para poder tocar en calquera terreo, rúa ou local para que a nosa música chegue a tódolos rincóns.

É a nosa versión máis sinxela pero máis adaptable para as actuacións que requiran dunha maior mobilidade.

Pasarrúas

75643_be45122ca88b012ba2925956149d17a0-25_2_2023, 15_27_28.jpg

Se o que precisas é que fagamos unha gran festa, é momento de que saquemos todo o noso arsenal, máis de 2000W de son e iluminación, efectos pirotécnicos e de confeti.

Actuación estática:

vermú, verbena, festa temática...

1000000015_bf226c4580f0ce5e07cd903f9328bac2-2023-1-29 22_52_55.jpg

Dende a despedida de solteir@, saída da cerimonia, amenización dos pinchos e incluso no comezo da barra libre, adaptámonos a todo tipo de celebración para que na túa voda haxa moita música e moita festa cun toque único e orixinal para que ninguén esqueza o voso gran día!

Vodas

75950_e8a7c03ec974561784f31aca6495f7a5-30_3_2023, 17_39_53.jpg

Para maiores e pequen@s, podemos adeptar o noso repertorio para que ninguén se quede sen o seu momento de festa! Ademáis, o noso carriño móbil nos permite levar a nosa música polas rúas!

Desfiles

🎉Damos por inaugurados os Entroidos 2025🎉 Moitas grazas por contar con nós 💜
00:55
Charanga Santa Compaña 2024 - Mentirosa Mix
03:50
SANTA COMPAÑA 2024 - "A FORZA DA MÚSICA"
01:06
Facendo bailar á xente no barrio do Ventorrillo (A Coruña) 🕺💃
01:45
Charanga Santa Compaña - Resumo Entroido 2023
02:25
Charanga Santa Compaña 2023 - Presentación compoñentes
03:48
Emisión en directo de Charanga Santa Compaña
Charanga Santa Compaña - Resumo 2022
02:21
Charanga Santa Compaña 2022 - Mix Actualidade (Tacones rojos - K si)
03:56
Inicio: Videos
Concert Pink Confetti

CONTACTO

Culleredo

698189337

  • YouTube
  • Instagram
  • Facebook

¡Gracias por tu mensaje!

Concert Pink Confetti
Inicio: Contacto
Concert Crowd

COÑÉCENOS!

En setembro de 2014, un grupo de estudantes do mundo da música procedentes de conservatorios profesionais e superior, deciden xuntarse e crear a "Charanga Santa Compaña".

A idea xurdiu das inquedanzas musicais dos seus membros que buscaban crear unha agrupación na que puideran tocar dende pasodobres ata cancións actuais e modernas con arranxos propios, pasando polos clásicos da verbena galega como rancheiras, cumbias, merengues... e sempre ca idea de facer festa alí a onde foran.

Unha das súas premisas iniciais foi a de manter sempre un alto nivel de calidade musical nas actuacións ca filosofía de que, a agrupación de charanga, é parte esencial da verbena galega e das festas da nosa terra, e polo tanto, debe estar ao nivel que esta se merece. Por esta razón, buscan as mellores cancións e cos mellores arranxos (a maioría deles propios) para poder ofrecer diversión e calidade a partes iguais.

As ganas de facer chegar a súa música e alegría a tódolos rincóns da nosa xeografía, está patente no seu berro de guerra: "Somos a Santa Compaña, vente con nós!"

Inicio: Biografía
bottom of page